APLICAMOS AS TICS NA AULA.

No día a día das aulas é imprescindible  empregar as novas tecnoloxías hoxe en día. Posto que os nenos e nenas, síntense moi identificado con elas, polo tanto débense usar de apoio nas aulas para reforzar as materias.

O alumnado de 1º de Primaria utiliza Ipads para traballar co kit de Play Osmo co que intentamos que melloren a competencia lingüística, matemática, artística e dixital.

Velaquí os tendes concentrados, neste caso pescando peixes cos seus calculos!

NÚMEROS

Utilizando o Play Osmo facemos que as matemáticas sexan pura diversión. Co xogo de números colocamos fichas con dixitos e as caras dun dado para crear números e pasar ao seguinte nivel. Engadimos fichas para sumar, quitámolas para restar e unímolas para multiplicar. O cálculo nunca fora tan fácil nin divertido!.

TANGRAM

Co tangram colocamos pezas de madeira para facer unha figura que aparece na pantalla. Pasamos un intre moi divertido!

NEWTON

Debuxamos unha cesta ou colocamos un obxecto diante da pantalla (como as lentes da avoa ou como as chaves do noso pai) para levar unha pelota ata o lugar indicado.

PALABRAS

Xogamos entre todos a adiviñar a palabra misteriosa que aparece na pantalla.

PANTALLA DIXITAL

CON NEXT O NOSO ROBOT

Repasamos todas as as areas de manera globalizada e gamificada, a través dos paneis da editorial Edelvives e o noso robot NEXT. Con él aprendemos a dar instrucións sobre o percorrido que queremos facer, neste caso son máquinas simples o compostas. Así traballamos nós coas TICS