ENTROIDO

Na nosa clase cada neno elixe de que personaxe quere disfrazarse pero todos traballamos para todos. Ao rematar as tarefas de cada día os alumnos traballlan no disfraz que toque. Dá gusto ver como desexan acabar para poder traballar nel. É unha grande motivación, recoméndovolo porque eu fago todos os anos e resulta sempre moi positivo.

TEMÁTICA ``OS CONTOS CLÁSICOS´´ (PROMOCIÓN 2010-2012)

Escollemos o conto de Caperuchiña Vermella.

TEMÁTICA ``AS FRAGUAS´´ (PROMOCIÓN 2010-2012)

Neste caso eleximos o tema do xardín con xirasoles.

TEMÁTICA ``OS OFICIOS´´ (PROMOCIÓN 2014-2016)

Esta vez decantámonos polos modistas e sastres.

TEMÁTICA ``AS DISTINTAS CIVILIZACIÓN´´ (PROMOCIÓN 2014-2016)

Eleximos marchamos a África.

TEMÁTICA O CINE ``DISFRAZ DA PELICULA DE                                    COCO´´(PROMOCIÓN 2018-2020)

TEMÁTICA OS SERES MÁXICOS E MITOLÓXICO ``OS TRASNOS DO XEO´´ (PROMOCIÓN 2018-2020)  

DÍA DA MULLER

Traballamos o día da muller, o 8 de marzo, mediante a lectura de libros infantís sobre mulleres importantes para a  historia.

DÍA DA NON VIOLENCIA DE XENERO

A manualidade de este ano para a celebración do 25 de novembro, consisteu en facer uns corazóns de porexpan coas cores que identifican este día, violeta e laranxa. Reflexionamos sobre o que é a violencia e os dereitos da persoa.  

Para o día 25 de Novembro participamos na actividade a nivel centro proposta polo equipo de convivencia na elaboración do xardín da lembranza, facendo unhas flores  cunha mensaxe positiva sobre a igualdade de xénero.

NADAL

Un momento do ano que lles fai moita ilusión aos nenos e nenas é o Nadal. A min, como mestra,  faime feliz desfrutar da ilusión dos pequenos e realizar con eles diferentes manualidades.  Ademais diso, encántame sorprendelos con pequenos detalles para celebrar estas festas. Aquí vos deixo algúns dos nosos traballos: os chocolate cos que os sorprendín, os ficheiros dos traballos que realizarón durante o trimestre e a postal coa que felicitamos as súas familias (cada unha levaba a foto do seu fillo/filla).

SAMAÍN

Coñecedes a técnica de debuxo repetitivo zetangle? Os meus pequenos desfrutaron un montón decorando as letras do samaín. Nas seguintes imaxes ensínovos os resultados.

Ademais diso, a alimentación saudable é un contido transversal que sempre debemos ter en conta no día a día da aula, por este motivo, fixemos unhas momias de plátano. Ummmm.... estaban riquísimas!

No meu colexio sempre facemos un concurso de cabazas. Como celebrades vós o Samaín? Tamén facedes algún concurso?

DÍA DO PAI E DÍA DA NAI

Mestres e familias sempre deben camiñar da man, e aos nenos e nenas encántalles facer agasallos para as persoas máis importantes da súa vida, os seus pais e nais. Aquí vos deixo os agasallos que lles fixemos. Non vos preocupedes, se os pais están separados o se falta un deles, que isto non sexa un impedimento, só hai que darlle unha alternativa e os nenos /nenas van encantados. Espero que vos gusten!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO.

Neste caso fixemos uns maios que se expusieron o día da feira tradicional que celebramos no cole, onde hai oficios tradicionais, postos de comida e talleres para entreter a estes rapazaces / rapazas  e así coñecer as nosas raices.  Hai tradicións que os nenos e nenas deben coñecer e non se deben deixar no olvido, para iso os nenos traen flores, laranxas, limóns, ovos valeiros, fiunxos, pampillos e comenzamos a elaboración dos nosos maios. Cosemos colares nas clases con estes materias naturais e divertímonos moitos.  Gústanvos as nosas creacións?

VISITA DA NOSA MASCOTA ``RASI´´

Solicitamos  a editorial SM se nos podian prestar o disfrace de Rasi, foi un día inolvidable para los alumnos e alumnas. Pasárono moi ben bailando e compartindo unhas chuches ca nosa esquio.

DÍA DA PAZ

Dunha maneira globalizada, fixemos un libro onde se recollen as diferentes lecións de paz que precisa o mundo a través de cada unha das asignaturas.

Neste día o adicamos a celebrar nos centros educativos unha cultura de non violencia e de paz. E dicir, a educación na tolerancia, na solidaridad, nos repeto dos dereitos humans, na non violencia e na propia paz. Falamos de: persoaxes coma Gandhí, Santa Teresa de Calcuta...  

PROMOCIÓN 2020-2021

ENTROIDO

Neste ano adaptamonos ao noso proxecto: A maquina do tempo.

DIÁ DO AMOR

Este ano veu unha coidadora do centro axudarnos a aula, entón qauixo facerlles un agasallo aos peques, os corazóns.Aprobeitanado que eles querían celebrar o día do amor enfocámolo hacia amor aos animaais e aos amigos.Traballámolo dende a área de plástica con diferentes técnicas de debuxo.

CELEBRACIÓN DA PASCUA

As vacións de pascua empezamoslas cun agasallo. Unha sestiña de goma eva cos nosos oviños de chocolate.

CELEBRACIÓN DO NACEMENTO DUN IRMÁN

Para a mellor aceptación dun novo membro na familia dun alumno, fixemos un pequeneo agasallo dende a aula.

DÍA DO PAI 2021

Cada alumno e alumna trouxo da súa casa unha foto co seu pai e fixemos un portafotos con material de refugallo. Foi moi interesante observar a complicidade coas súas nais para sorprender aos seu pais ou persoa ao que era adicado o agasallo.

DÍA DO LIBRO 2021

O día 23 de Abril traballamos o libro dos Bolechas visitan unha granxa, onde aprendemos o que significa a etiqueta dunha vaca, como funciona unha fábrica de lácteos, de que se encarga o departamento I+D, de que se alimentan as vacas...

Unha vez lido o libro e feitas as actividades, trouxeron un lácteo cada un para facer una merendola e eu aportei catro queixo galegos coa súa denominación de orixen, os cales degustaron e aprenderon a definir as sensacións. Foi unha actividade moi enriquecedora.

DÍA DA NAI 2021

Cada alumno e alumna  fixo unhas flores e colocounas nunha botella para facer un florero e así reciclar unha vez mais o material de refugallo. Tamén fixeron unha postal onde escribiron un pequeno poema adicado a esa persoa tan importante para eles.

DESPEDIDA FIN DE CURSO 2021

SAMAIN 2021 -2022

Celebramos o Samaín debuxando Frankensteins, envolvendo piruletas con pantasmas. Tamén fixemos un taller de froitas disfrazandoas de pantasmas e cabazas.

DÍA DA NON VIOLENCIA DE XENERO 25N

Traballamos  o libro Vivan as uñas de cores de Alicia Acosta e Luis Amavisca. Decoramos a porta como se fose a portada do libro, e o día 25 de Novembro viñemos todos vestidos de negro coas uñas de cores, tamén vimos unha pequena reproducción do libro en internet e falamos do respeto e a liberdade.

DIA DA PAZ 2022

Celebramos o día da paz traballando no conto Yo soy un punto. Daí concluimos que todos somos necesarios neste mundo e ninguén é imprescindible.

DIA DO AMOR 2022

Nesta data na que os nenos reclamaron, fixemos dous debuxos cada un para regalar a dous compañeiros diferentes y agasalleinos cunha piruleta de corazón.

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO 2022.

Celebramos o Rosalia de Castro vendo un video da pequena Rosalia, e outro dunha biografía adaptada a esta idade. Despois, fixemos unha unidade didactica na que traballamos a información recibida e por último fixemos uns broches de fieltro en forma de flor.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 8 MARZO

Este ano para celebrar o día da muller estudamos a Amelia  Earhart que demostrou que os soños hai que perseguilos, posto que non se consigue aquilo que no se intenta.

DÍA DO PAI 2022

Con pedras de río, cada un dos nenos representou a súa familia nun colgadoiro para as chaves.

PASCUA 2022

Celebramos la pascua cunha manualidad, e preparando o ficheiro de final de trimestre, xunto cunha unidade didactica globalizada.

DÍA DA NAI 2022

Celebramos o día da nai, facendo unha caixiña de bombóns con pedras que recollemos no camiño e unha postal.