VIAXE AO ESPAZO
Estades de acordo comigo en que unha maqueta é un recurso xenial para traballar os contidos relacionados co universo? Déixovos aquí algún dos resultados.






MAPAS CONCEPTUALES
Coa axuda dos Ipads os nenos e nenas de segundo de primaria aprenderon a facer mapas conceptuais cunha aplicación bastante sinxela, Poppet live. Cada equipo traballou un concepto: materia, luz, son e forza. Creamos un equipo novo de expertos: Tics, escritura, mapas conceptuais e deseño e debuxo. Unha vez que o experto sabía o que tiña que facer volvía o equipo base para explicar o que aprendeu, a través de diferentes tarefas formuladas en forma de estrutura cooperativa. No caso dos expertos en mapas familiarizaronse antes co programa para logo explicarllo os seus compañeiros e compañeiras.

A través da aprendizaxe cooperativa os alumnos fixeron unha viaxe imaxinaria ao espazo para investigar que podemos atopar nel: fases da lúa, planteas,.. En que consiste o movemento de rotación e o de translación...etc

RECICLAXE
Nesta ocasión fixemos un taller de reciclaxe para elaborar papel.






DISOLUCIÓNS
Con motivo do Samaín, en primeiro e segundo de primaria fixemos un obradoiro de cociña. Cada clase preparou unha sabrosa merenda. En 2ºB traballamos as disolucións coa xelatina.

LÁMPADA DE LAVA
Co fin de amosar a densidade dos líquidos metemos auga nun recipiente e de seguido engadimos aceite. Vimos perfectamente que subía ao ser máis denso. Finalmente, engadimos unha pastilla efervescente e vimos que o aceite mesturábase e non quedaba no fondo senón que en circuliños ía subindo.

O PESO DO AIRE
Para seguir demostrando que o aire pesa fixemos unha carreira de globos. Coa regra da mesa vimos que dándolle un golpe cae só. Pero se lle poñemos un folio encima non cae aínda así dándolle o mesmo golpe. Só co peso do aire.



TINGUIR OVOS
Con un poco de colorante alimenticio, auga e vinagre. Vimos como metendo os ovos na mezcla se tinguía de dita cor.

O CEREBRO FLOTA
Gracias a auga e o ovo vimos como o cerebro está rodeado dun líquido hidrocefálico que o protexe. E podemos comprobar que gracias a el este non rompe.

ROBÓTICA
Adentramos no mundo da robótica, construindo os nosos propios robots coa axuda dos nenos de cuarto da ESO


A NOSA CONTORNA
Estudamos a nosa contorna, e para iso fixemos unha ruta dende Toxoutos ata Cabantan. Valores como o coidado e desfrute da natureza deben estar presentes na escola. Ademais diso, é unha actividade moi interesante para poder estudar en primeira persoa a flora e a fauna da paisaxe de interior.



TRABALLAMOS OS OFICIOS
Vistounos un peridodista de Radio Voz, Alberto Gónzalez. El explicounos como avanzaron os medios de comunicación o longo da historia e como se fai un programa de radio.


O agasallo que lle fixemos a Alberto por visitarnos e ensinarnos tanto foi un conto debuxado e escrito por nós sobre a sua vida.







MAQUINAS SIMPLES E COMPOSTAS CON NEXT
A través dos paneis da editorial Edelvives e o noso robot NEXT. Con el aprendemos a dar instrucións sobre o percorrido que queremos facer, neste caso son maquinas simples o compostas. Así traballamos nós coas TICS

ESTUDIAMOS AS PLANTAS
Fixemos unha recollida de follas e fomolas clasificando para facer o noso herbolario.
Despois de estudar os proceso de crecemento dunha planta cada alumno/alumna, plantou a sua propia semente e agora observamos o seu procedemento. En definitiva aplicamos a teoría a práctica.




