MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS. TODO É MÁIS DOADO!
Os materiais manipulativos son indispensables para aprender contidos matemáticos. Na nosa aula utilizamos moitos. Aquí mostro algúns deles.
Traballamos co material da imaxe os números coas centenas, decenas e unidades. Ademais aproveitamos para facer ditados de números.
Facemos sumas e practicamos o cálculo mental cun xogo de cartas.
Cando somos máis maiores para traballar o cálculo mental empregamos estes vasos tan divertidos!
Para traballar as horas nada mellor que este reloxo:
Practicamos a táboa de multiplicar, cun xogo de tapóns de elaboración propia. E mentres subimos as escaleiras, tamén as recordamos.
Para traballar os números e a súa orde empregamos o autobús e o ascensor:
Para traballar os números, decena e unidade empregamos o bingo, as casas das familias dos números, os comenúmeros e as casiñas das decenas e unidades:
E para traballar a competencia matemática e lingüística usaremos a roda dos días da semana. Traballamos presente, pasado e futuro a través dos días.
Con esta App Maths loops podemos repasar moitos contidos relacionados coas matemáticas de maneira divertida.
Mundo Primaria é outra das aplicacións coa que traballar unha morea de contidos, e non só relacionados coa área de matemáticas.
Déixovos un enlace a unha web xunto cuns vídeos onde podedes repasar as táboas de multiplicar cos vosos alumnos e alumnas.
Enlaces interesantes para traballar na aula ou na casa o euro.
A editorial SM conta cunha canle de youtube coa que repasar moitos contidos non só de 10 de Primaria, senón tamén dos demais niveis. Podemos atopar vídeos explicativos e moito máis. Botádelle unha ollada.
TRABALLAMOS CO TANGRAN A CONSTRUCCIÓN DE ANIMALES
TRABALLAMOS OS NUMEROS ATA O NÚMERO 999 COS BLOQUES CDU
ESTUDIAMOS AS DIMENSIÓNS: VOLUMEN, PLANO E LIÑA