METODOLOXÍAS DIFERENTES

Aproveitando todo o que puxera en marcha neste curso, quixen retomar outras técnicas e outras metodolóxias que xa empecei con elas fai tempo. Un resultado fantástico, anímovos a todos a poñelas en prácticas se tedes ocasión.

ENTUSIASMAT

No curso 2016-2017, grazas ao apoio da Fundación PAIDEIA, introducimos na aula un programa de aprendizaxe das matemáticas chamado EntusiasMat. Este programa ten como piares pedagóxicos: a ensinanza das matemáticas a través das intelixencias múltiples; o desenvolvemento das competencias clave; a introdución de todos os conceptos matemáticos dende idades moi temperás, traballándoos de maneira cíclica e ampliándoos a novas situacións; a presentación das actividades de forma variada que permitan ao alumnado estar motivado na súa aprendizaxe; a diversidade de contextos que faciliten as conexións que as matemáticas teñen coa vida real; e o desenvolvemento dunha linguaxe concisa pero cada vez máis abstracta, entre outros.

O obxectivo prioritario que pretendiamos coa implementación de EntusiasMat en primaria era mellorar a competencia matemática do alumnado, e secundariamente, debido a que EntusiasMat traballa as matemáticas a través das intelixencias múltiples, que isto redundase nunha mellora de outras competencias clave. Así, podemos sinalar que EntusiasMat contribuiu de maneira notable ao desenvolvemento da competencia lingüística, posto que esixía moito razoamento verbal e oral. Ademais traballaba moito con estimacións, algo que se utiliza de maneira xeneralizada na vida cotiá nos intercambios lingüísticos. Igualmente potenciaba o aprender a aprender, en xeral con moitas actividades do programa, pero especialmente coas sesións nas que o alumnado debía autoavaliarse e ser consciente de como está aprendendo, dende o cálculo mental aos problemas orais ata os últimos 5 minutos nos que eu repasaba con eles o que se traballou ese día. Por outro lado, axudaba a desenvolver as competencias sociais e cívicas, posto que promovía o traballo cooperativo, no que cómpre tanto relacionarse con asertividade como a participación activa, construtiva, solidaria e comprometida.

A valoración do programa foi un éxito, máis, debido á falla de fondos para a financiación, non puiden seguir con el. Porén, incorporei na miña metodoloxía moitas das claves do programa.

IPADS E PLAY OSMO

No curso 2017-2018 comezamos a participar no Contrato-Programa convocado pola Consellería de Educación, pola modalidade de Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

Para iso introducimos na aula o traballo cos Ipads e co sistema Osmo Genius Kit. Este é un sistema de xogos educativos vinculado ao Ipad, e galardonado e premiado como o mellor xogo interactivo do 2019, xa que axuda a mellorar as habilidades visuais, a resolución de problemas espaciais así como potenciar a aprendizaxe das matemáticas e da lingua. É tal a motivación do alumnado para aprender, que sigo utilizar este sistema nas miñas clases de forma ordinaria, xa sen ter que participar nos contratos-programa. Utilízoo como complemento de innovación e tecnolóxico na miña docencia co alumnado, o que me permite convertir asignaturas principais como as matemáticas e a lingua en diversión.

APRENDIZAXE COOPERATIVO

Como ben sabedes todos a aprendizaxe cooperativa  no contexto escolar é unha metodoloxía didáctica que consiste na realización de actividades na aula, na procura de experiencias interpersoais de aprendizaxe escolar e social. Os alumnos xúntanse en grupos heteroxéneos nos que deben levar a cabo actividades colectivamente, para acadaren certos obxectivos académicos. O profesorado pasa a ser un asesor  das tarefas que realizan os grupos de alumnos, sendo así un facilitador da aprendizaxe.

Este tipo de aprendizaxe levámolo a cabo en todas as asignaturas pero onde máis nos gustou foi nas ciencias e no día a día a través dos valores.

AS DINÁMICAS

A continuación expoño algunhas das dinámicas que destaco como as maís efectivas dentro da aprendizaxe cooperativa son:

• O BAÚL DAS PALABRAS BONITAS

Nunhas cartolinas os meus alumnos escriben palabras “bonitas” para cada compañeiro/a e cando se sinte decaído, vai ao baúl, saca unha tarxeta e le o que lle escribiron nela. A finalidade é levantar o ánimo e contribuír á mellora da autoestima.

• A SILLA DOS ABRAZOS.

Cando alguén se sinte triste ou desanimado, senta na cadeira e os demais danlle abrazos. A finalidade é que senta querido e apoiado polos que o rodeamos.

• A TEA DE ARAÑA.

A clase colócase en forma de círculo, cada participante di algo da súa personalidade e lanza un nobelo de la a un compañeiro/a, así sucesivamente ata chegar ao último. Posteriormente, para desfacer a tea faise á inversa lembrando as palabras do compañeiro que nos lanzou devandito nobelo

• A SILUETA.

Dividimos a clase en pequenos grupos, estírase no chan un prego de papel continuo, e eles van debuxado a silueta de cada un dos membros do grupo. Ao terminar, cada membro do grupo escribe algo simpático na silueta do compañeiro/a.

• O COFRE DO TESOURO.

Cada alumno/a trae tres obxectos persoais importantes para el/ela á escola. Isto facémola unha vez á semana. Cada un explica ao resto por que ese obxecto é importante. É unha dinámica que lles encanta e axúdalles a coñecer mellor aos seus compañeiros/ as.

• LAPIS AO CENTRO (EN SOCIAIS)

Os rapaces colocan os lapis ao centro e por quendas cada neno realiza un ejercicio en voz alta, os demais o corrixen ou amplían a información. Logo collen o lapis e escriben a resposta consensuada. O turno pasa o seguinte compañeiro. Aquí traballamos os sectores, as profesiones e profesionais.

• 1, 2, 4
Esta dinámica consiste no seguinte: Exponse a cuestión para desenvolver ao alumnado. Repartimos un folio dividido en tres columnas. Cada columna corresponde a un número: 1 para traballo individual, 2 para traballo en parella e 4 para traballo en grupo.

Dámoslle cinco minutos para que cada alumno/a, de maneira individual, responde na columna 1. Pasado este tempo vólveselles a dar cinco minutos. Esta vez traballarán en parella na columna 2, poñendo en común as respostas. Por último, na columna 4, traballarán en grupo. Terán que poñerse de acordo para que con todas as súas respostas escriban unha que unifique todo o traballado. Para este momento podemos darlle algo máis de tempo.

MÉTODO ABN

Este método engloba operacións básicas, adaptación de unha destas como a resta eas restas que xurden dentro do propio método, como son a doble resta. Basease moito no redondeo.

Dende a miña experiencia teño que dicir que non consenguín un bo producto final, pois para min é moi importa a unión e a continuidade, familia e escola. E este era un metodo que as familias non podían axudar aplicalo, posiblemente no me formei a fondo, pero sei que outros compañeiros obteñen resultados fantásticos. Anímovos que os animedes aprobalo.

PUNTILLISMO E O RAIADO

En educación plástica traballamos coa técnica do puntillismo, raiado e difuminado de cores para dar cor aos diferentes debuxos.