Nas miñas clases como na maioría das dos meus compañeiros so valores son a base de toda educación. Partimos de que a lectura en familia é moi importante nas fases iniciais destas.

Traballamos os valores  a través de diferentes libros e actividades.

A través de Pulgastel e a súa imaxinación visitamos os lugares ós que él sempre soñou visitar e coñecer. Un día consegue cumprir un dos seus maiores desexos: ver o mar. A partir deste momento viviremos as sensacións e as aventuras que descubrirá a través da lectura.
Traballamos a inclusión, o non racismo e a igualdade a través do conto “Tres iguais”. Cando un africano chega ao noso país, é coma se un anaquiño de África nos viñese visitar. Cando unha nena sudaméricana nos fala , regálanos a dozura da súa linguaxe. Cando un neno oriental nos sorrí, no seu sorriso agóchanse tesouros milenarios. Todos nos traen o agasallo dos seus países, da súa lingua, da súa historia. Que parvos seriamos se, por medo ao diferente rexeitásemos estes presentes.

Aprendemos a diferenzar a realidade e a ficción, a través do libro “Mentiras”. Un conxunto de fantasías recitadas, que dun xeito lúdico, constitúen un bo método para aprender a diferenza entre o que é real e o que é fantástico. Acompañamos as fábulas con música, para maior disfrute dos nenos e nenas.

A través do libro “ Mans” traballamos os principais valores: xenerosidade, amor, cariño, protección… As nosas mans dín de nós e do mundo moitas cousas que non verbalizamos. Con este libro traballamos a carón de cada neno e cada nena, dialogando con eles e axudándolle a inventar novos camiños para as súas mans.

AS EMOCIÓNS

A través dos seguintes libros traballo as emocións básicas na miña aula.

Conto para axudar aos nen@s a identificar e poñer palabras aos seus medos, para que aprendan a expresalos sentindo a nosa comprensión, amor e protección. Esta historia permítenos falar de todos os tipos de medo que existen ( ir ao colexio, aos mounstros, ás pantasmas, ás arañas, á escuridade...) e de como enfrentalos.
Conto para axudar aos nenos e nenas a recoñecer e expresar o seu enfado dunha maneira sa e respectuosa.
Conto que trata sobre a alegría, unha emoción que nos acerca á felicidade, co que poderemos compartir momentos divertidos e contaxiarnos do entusiasmo de Blef. 
Un conto que trata sobre a vergoña que senten os nenos e nenas nalgunhas situacións e que nos axudará a acompañalos nesta emoción dende o amor e o respecto para que non lles impida realizar aquelo que desexan.
Conto que trata sobre o amor, unha das emocións relevantes no desenvolvemento emocional, que nos permitirá reflexionar xuntos sobre un concepto tan variable, complexo e necesario.
Conto que nos da permiso para chorar, para estar tristes e deixarnos coidar polas outras persoas cando nos sentimos mal. A través desta historia poderemos acompañar aos nenos e nenas na súa tristeza de maneira respectuosa.
Un conto que trata sobre os celos ( especialmente aqueles que xorden pola chegada de novos membros á familia) que nos axudará a acompañar aos pequenos nesta emoción dende o amor e o respecto.

OS VIDEOS DALGUNS DOS CONTOS.

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

O día da Paz traballamos as mensaxes positivas da vida .Reflexionamos que cousas poderíamos cambiar.Cantamos a canción de Juanes "Odio por amor"

CELEBRACIÓN DO DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO.(2021)

AS DINÁMICAS

A continuación expoño algunhas das dinámicas que destaco como as maís efectivas dentro da aprendizaxe cooperativa son:

• O BAÚL DAS PALABRAS BONITAS

Nunhas cartolinas os meus alumnos escriben palabras “bonitas” para cada compañeiro/a e cando se sinte decaído, vai ao baúl, saca unha tarxeta e le o que lle escribiron nela. A finalidade é levantar o ánimo e contribuír á mellora da autoestima.

• A SILLA DOS ABRAZOS.

Cando alguén se sinte triste ou desanimado, senta na cadeira e os demais danlle abrazos. A finalidade é que senta querido e apoiado polos que o rodeamos.

• A TEA DE ARAÑA.

A clase colócase en forma de círculo, cada participante di algo da súa personalidade e lanza un nobelo de la a un compañeiro/a, así sucesivamente ata chegar ao último. Posteriormente, para desfacer a tea faise á inversa lembrando as palabras do compañeiro que nos lanzou devandito nobelo

• A SILUETA.

Dividimos a clase en pequenos grupos, estírase no chan un prego de papel continuo, e eles van debuxado a silueta de cada un dos membros do grupo. Ao terminar, cada membro do grupo escribe algo simpático na silueta do compañeiro/a.

• O COFRE DO TESOURO.

Cada alumno/a trae tres obxectos persoais importantes para el/ela á escola. Isto facémola unha vez á semana. Cada un explica ao resto por que ese obxecto é importante. É unha dinámica que lles encanta e axúdalles a coñecer mellor aos seus compañeiros/ as.


GAMIFICACIÓN

No que respecta no ámbito dos xogos destaco os seguintes:

• DIVERSITY HOTEL.

Un xogo de preguntas e respostas que permite aos nenos/ as coñecer diferentes culturas a través dos personaxes e se identificación.

• FAMILY DIVERSITY BLOCKS.

É un xogo para coñecer os diferentes tipos de familias existentes xa, na sociedade actual; e así, fomentar o respecto cara á diversidade.

• QUIÉN ES QUIÉN

Tomando como punto de partida, este xogo da infancia, adáptoo á aula coas fotos dos meus alumnos/ as e así xogan a adiviñar de quen se trata. Axuda a afianzar o coñecemento sobre demais.

PELICULAS

Dende a miña aula querovos enviar unha serie de recomendacións para o visionado de peliculas tanto en familia como dentro da propia aula.

• BUSCANDO A NEMO

Destaca por tocar valores tan importantes como: o positivismo, a importancia da cooperación e o traballo en equipo.

• DEL REVÉS

Transmítenos inclusión, empatía, amizade,…en definitiva, o sentimento de pertenza a un grupo.

•FROZEN

Destaca pola importante mensaxe do amor verdadeiro: familia, amigos…

• UP

Este filme transmítenos valores como o positivismo, o compañeirismo e a amizade.

• EL VIAJE DE ARLO

Destaca a importancia de non renderse as adversidades.

• CAMPEONES

Película onde o traballo en equipo e o positivismo axudan á superación dos obstáculos e as ganas de vivir a pesar das adversidades.

• COCO

Destaca pola énfase da amizade, tesón por alcanzar un soño e o amor á familia.

• WONDER

Nela vívese a loita ante a adversidade e tamén o afán de superación, a través do amor da familia e os amigos, pois hai que mirar máis aló do aspecto físico.

TRABALLAMOS OS VALORES COA FAMILIA E COMPARTÍMOLOS NA AULA

Durante o confinamento moitas familais pudieron compartir momentos cos seus fillos e por iso dende a escola eu lles enviaba una serie de recomendacións semanais para realizar conxuntamente en familia, como por exemplo xogos con materiais de refugallo, experimentos ou talleres de cociña.

Foron actividades motivadoras e divertidas. Moi ben recibida polas familias.